Realiza exposicións individuais en Vigo, A Coruña, Santiago, Lugo, Barcelona, Braga, Coimbra... Entre as exposición colectivas cumpre destacar a súa participación en Cuatro direcciones de la Fotografía Contemporánea Española. 1970-1990, Centro de Arte Reina Sofía (itinerante por Europa); Open Spain, The Museum of Contemporary Photography Columbia College Chicago (Itinerante por América); Encontros da Imagem, de Braga; Quest for the Moon, The Museum of Fine Arts, Houston..., entre otras.
Publica os libros Ourense de Auga e Pedra (Ir indo, 1990), Paisaxes (CEF, 1991), Tempos que hai neste tempo (Consello da Cultura Galega, 1995) e Cuspindo a barlovento (CEF, 2003). Asimesmo, é autor de Imaxes na penumbra. A fotografía afeccionada en Galicia, 1950-65 (Tese de doutoramente, 1998).
A súa obra está representada no Centro de Arte Reina Sofía, na Colección dos Encontros da Imagem de Braga, Comunidad de Madrid, Colección de fotografía contemporánea del Dorint Hotel Brussels. Bruselas e no Museo Marugame Hirai Japón, entre outros.
ANACOS recolle os seus últimos traballos: Obras (Visións, Universidade de Vigo, 2003), Animais e unha selección da exposición, presentado no Museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela en abril do 2003, Cuspindo a barlovento.
![]()
OBRAS
El inusual encargo del seguimiento fotográfico de las obras del campus de la Universidad de Vigo, construido en un territorio de millón y medio de metros cuadrados, constituye el origen de la serie Obras en la que el artista Manuel Sendón reflexiona acerca de la problemática planteada por la escala -modo de evaluación de una imagen dependiendo del tamaño de la misma- y el punto de vista -método que permite incidir activamente en la percepción del espectador- que tienen como referente tanto a los fotógrafos que emergen con la Revolución Rusa como a los maestros de la Bauhaus.
En las fotografías de esta serie el artista presenta su peculiar manera de plasmar un proceso de cambio mantenido a lo largo del año de ingentes trabajos realizados para materializar un proyecto de tal envergadura. Esta minuciosa selección de imágenes, objetos cargados de lirismo y de una cierta dosis de la ironía siempre presente en su obra, consigue captar los valores estéticos subyacentes en la multitud de detalles y fragmentos constructivos documentados planteando, tras su descontextualización, las interesantes relaciones perceptivas establecidas entre figuración y abstracción.
Las relaciones entre arte y fotografía se hacen, si cabe, más evidentes en la imagen de una plancha metálica que, sujetada por una cadena e impregnada por chorretones de pintura distribuidos aleatoriamente, nos permite establecer relaciones entre esta pieza procedente del campo de la actividad industrial y el cuadro colgado en las paredes de un museo o una galería que, de cualquier modo, no puede dejar de remitirnos a la extraordinaria plasticidad rastreada en el más puro expresionismo abstracto de Jackson Pollock.Dende moi novo teño escoitado, cando non presenciado, historias fantásticas relacionadas co mar. O mar poboado de laranxas ata tornar a súa cor. Mariñeiros que subían nos seus aparellos coñac francés. Un pobo pintado con leite condensado. Nenos cos beizos ateigados de caramelos en forma de chifres traídos polo mar. Barcos de ferro enormes empotrados nas rochas ou colocados limpamente no medio dun areal... O mar devolvía das formas máis inusitadas os obxectos dos que se tiña apropiado.
O caso do Prestige é ben diferente. O mar vomitou algo que non quería, algo que se lle tiña tirado de forma contranatural. O resultado era previsíbel pois os científicos tiñan ben estudiadas as correntes de Nadal que determinarían o retorno do chapapote, pero o desprezo por este país fixo que os responsábeis nin sequera demandasen a opinión dos científicos e se limitasen a cuspir a barlovento.
As rochas da praia na que me baño estaban negras. Nemiña parecía o negativo dunha intervención de Christo. A vista do Coído de Muxía resultaba desoladora. Farolas destruídas, árbores negras, aves e cangrexos agonizando cubertos polo chapapote, rochas, bolos, area, paseo, xardíns, parque infantil negros. Todo negro. Unha paisaxe apocalítica. Lembraba as imaxes que nos emitiran na 1ª Guerra do Golfo en 1991, como a da ave pretoleada, que logo resultou ser da marea negra provocada polo Exxon Valdez. Mentres negaban de forma reiterada a existencia de marea negra.
Chegaron os voluntarios procedentes dos máis diferentes lugares, que coas mans e con instrumentos propios doutros traballos, comezaron con entusiasmo unha tarea sobre a que non había tratados. Así os obxectos enzoufados de chapapote adquiriron unha nova vida á vez que se convertían nun símbolo da situación que se estaba a vivir. Un traballo desesperante, no que como Sísifo se ven obrigados a limpar novamente as mesmas praias e coídos que deixaran limpas na marea anterior.
Os percebeiros da Costa da Morte viron arruinada a súa forma de vida e respostaron con enerxía tamén. Lembro o día de noiteboa no coído de Touriñán, onde dúas ducias de percebeiros e percebeiras recollían o chapapote con sachos como se estivesen a traballar na leira, mentras nunha segunda liña centos de soldados non daban carrexado o que eles apañaran.
Nas Rías Bixas os mariñeiros saíron a plantarlle cara ao chapapote desafiando o mar e as prohibicións. Recoverteron tixolas, galletas, angazos e demais trebellos cotiáns ao tempo que os ferreiros deseñaron curiosos aparellos idóneos para pescar o chapapote, escribindo unha das páxinas máis épicas da historia do mar en Galiza.
Mentras o barco só vertía hilillos de plastilina, o Instituto Hidrográfico Portugués informábanos de que seguía perdendo máis de 100 toneladas diarias. A información foi substituída pola propaganda política, provocando a indignación colectiva. Como consecuencia xurdiu o movemento Nunca Máis que convocando centos de miles de galegos pide responsabilidades, dinignidade e futuro para un pobo que foi maltratado. Movemento sen parangón na historia dun pobo que o tópico presenta como submiso e conservador. Sen deixar de ser un nome propio, a expresión nunca máis converteuse, incluso fóra de Galiza, en sinónimo de rebelión cívica contra a inxustiza.
Na actualidade as escopetas de auga a presión seguen cuspindo a barlovento na Costa da Morte.
Longa vida para o espírito de Nunca Máis.
Manuel Sendón
Sardiñeiro, abril do 2003
subir