Manuel Sendón, seguindo referencias irónicas de traballos anteriores, plantexa a pel como metáfora: redes con toda a potencialidade plástica da suxerencia que, ó mirar tras elas, evidencian a latente beleza das ruínas arquitectónicas que ocultan.
No singular espacio da escaleira, Fran Herbello crea unha instalación de círculos de aluminio, de diferentes dimensións, nos que se superpoñen imaxes fotografías que lle serven de reflexión sobre o paso do tempo, a través dos cambios na textura da pel: infancia, xuventude, madurez e vellez... intercalándoos con rostros que subyacen tras un velo fundido coa propia pel; de novo, evocación e suxerencia fronte a descrición.
Victoria Diehl humaniza sutilmente esculturas de mármore, sen poder percibirse claramente a fronteira entre o orgánico e o inorgánico, entre a representación en primeira é en segunda xeración xa cá tecnoloxía dixital permite xerar a hibridación que doutra forma seria imposible crear. A tensión que produce non poder comprobar onde o calor dos poros da pel se transforma na frialdade do mineral, as imaxes adquiren gran intensidade.